Kat quedara de xantar en casa do seu tío, para poder falar coa súa avoa. A pobre estaba moi senil, pero Kat conseguíu arrincarlle un par de cousas, como que na súa antiga casa perto de Axeitos gardaba certas pezas de louza e espellos antigos, cos que adoitaba a "bruxear" cando era nova.
Namentres no segundo piso de Cinco Calles Helena e Samuel coñecían a Felipe, un dos compañeiros de Nico en Farmacia. Nico prometera a Felipe, un "jevicheiro" de toda a vida, presentarlle a unha "cachonda tela", neste caso Kat. Os planos, claro, saíron mal cando Nico soubo que a moza xantaría fóra, pero para o caso unha "medio-punkie-gotiquilla" como Helena tamén lle valería.
Felipe resultou ser un rapaz moi simpático, co que compartiron café e postre (en opinión dalgúns bastante máis agradable que Nico). Pero ao pouco tivo que marchar xa que, como lle lembrou a Nico entre chanzas, "o que está de baixa es ti, e o que fai o meu traballo e mai-lo teu son eu, cabronazo". Kat chegou daquela, cando Felipe estaba a piques de marchar. Metéuse no seu cuarto con intención de analizar o espello, con tan mala sorte que se cortou con el. Ao vela saír do cuarto en dirección ao baño con sangue na man, Samuel foi a axudala. Alí, a soas, Samuel confesóulle que el tamén se cortara co seu propio trozo de espello, ao extraelo da furna de cinzas da súa avoa... un corte que cicatrizaría só, tal e como lle ocorreu o día en que, por casualidade, volveron a atoparse naquela sala de espera do Hospital Xeral.
Kat non dixo absolutamente nada con respecto á bandexa rota por Nico (pero comentou que, de seguro, había outras maneiras de consegui-lo estuche-espello), nin polas raiaduras do chan que fixera arrastrando o Espello da sala. Durante bastante tempo continuaron coa catalogación das pezas (con algunhas con debuxos moi curiosos, onde gatos protexían a uns ratos que atesouraban cartos nun banco), co debate sobre repara-lo espello grande, sobre a proposta do Home do Chapeu... Foi entón cando Nico calou de súpeto. Unha das fontes da vaixela tiña un debuxo estrano... era como o mapa dunha cova vista dende o aire, e a disposición era estranamente parecida ao piso de Cinco Calles. Xusto no centro do debuxo había un dragón durmindo, e no decorativo entrelazado que percorría o borde podíase ler en letras gregas a palabra "derkesthai". Nico, parado ante esa imaxe, tivo unha especie de sensación estrana, unha sinerxia dos elementos, recordos subconscientes e inconscientes e de todo o que había nese piso... algo alén do seu entendemento.
Tratou de entender todo o que á súa mente sobreviña. Se o entendeu non o sabemos, pero o que si fixo foi caer na conta de que o Espello grande debía ser recontruído xa. Esixíulles aos demais as pezas do espello. Kat dixo que non, que había que agardar un pouco máis. Quería visita-la casa da súa avoa en Axeitos antes de precipitarse. Nico non deceu... sentía lume correndo polo seu interior, unha ira inmensa. Víu a Samuel diante e foise a el... "dame o teu trozo de espello agora mesmo, non cho estou pedindo!". A situación foise de man. Nico comezou a empurrar aos outros, controlado por unha ira non propia del. Algo facía que actuase dun xeito brutal e bestial. Tiña que coidar do piso, protexelo, e o único xeito era recompoñer o Espello.
Samuel tiña que facer algo. Víu que en calquera momento Nico podería atacar ás rapazas, e mesmo a el. Foi entón cando Nico o agarrou polo pescozo... Samuel lle lanzou varios golpes, incluso un moi potente á gorxa, pero o seu contrincante nin se inmutou... a pel de Nico queimaba, parecía que as súas veas levaban lava en troques de sangue. Samuel meteu man na súa bandoleira e sacou o seu trozo de espello, aquel que repousara nas cinzas da súa avoa e que agora levaba cun lenzo ao redor para poder agarralo coma se dun coitelo se tratase. Nico sorríu, considerando que á fin lle ían entregar o que esixía.
Samuel amarrara un pequeno trozo de lenzo no espello, para poder asilo coma un coitelo sen se cortar, e así o fixo... Sen dubidalo, esgrimíndoo, logrou chantarllo no brazo dereito. Todo sucedeu en milésimas de segundo... o tempo detívose, era como unha foto en tres dimensións de catro persoas conxeladas nun salón.
Nico soltou a Samuel e deu uns pasos vacilantes cara atrás... volvía a ser el, co ollar dun simple mozo de vintepoucos, becario en Farmacia, que tiña un espello profundamente cravado no brazo. Lentamente comezou a tirar del, para poder extraelo... os demais estaban estupefactos, sobre todo Samuel, que acababa de decatarse do que fiera: por pouco mataba a unha persoa.
Nico pensaba nas súas arterias braquial, radial e cubital... a ferida non parecía que as tivera afectado, pero o sangue fluía sen parar... veas, músculos ao aire... hiperventilación... notaba a cabeza chea de algodóns, e a inmediata sensación de mareo e de caída inmediata. Os outros tres viron cómo Nico caía de fuciños contra o chan, cos brazos abertos. O camiño cara o chan rematou cun golpe seco e xordo.
Kat e Helena reaccionaron e foron a axudalo dalgún xeito... xusto no momento en que o sangue de Nico se espallaba polo chan... unha marea vermella que comezaba a se extender por roupa, alfombras... de súpeto o sangue chegou ás raiaduras no chan. Abraiados, os tres mozos viron como o sangue de Nico cubría esas raiaduras, e como estas lentamente desaparecían, como curadas polo efecto do sangue sobor delas!
En intres coma ese a capacidade para xulgar correctamente, a así chamada sindérese, desaparece.
martes, 14 de agosto de 2007
jueves, 9 de agosto de 2007
συντήρησις (I)
Sindérese.
Capacidade natural para xulgar correctamente.
É difícil cando perdes toda perspectiva, pero a mente aguda, a torpe, a simple, a racional ou a irracional sempre o tenta: xulgar correctamente. Non se sabe se de xeito egoísta ou se hai unha especie de teoría monitor pola cal podemos xulgar todos dun xeito común.
E todo por non tolear.
Esa noite durmiron mal, e a mañán seguinte non foi mellor. Cada un marchou cos seus pensamentos. Samuel e Kat pensaban na borrosa nena de túnica que estaba nas fotos polaroid, nas que lle sacaran ao espello usando flash. Nico seguía de baixa, pero se preparou para ir a pagar a súa parte do piso ao Banco. A raiadura que lle fixo ao chan ao empurrar polo espello (e a espectacular entrada do Sr. Bombín a paraugazo limpo) o tiñan algo preocupado. Helena tiña hora libre a media mañán, e cos cartos que todos xuntaran ía ir mercar o espello de man á casa de antiguedades.
O xefe de tese de Kat, Ismael Sánchez, era unha fonte de información estrana. Ao chegar a Historia xunto con Samuel, Kat entrou decidida a que este home, xa maior e con moita experiencia, lle esclarexara certas dúbidas. Ismael quedou sorprendido ao ver as fotos polaroid da vaixela, e despois de estudalas durante un logo rato decidíuse a ir a Documentación a pedir un par de catálogos, deixando a Kat no despacho.
Ismael tiña todo o aspecto de profesor universitario típico, de gafas de pasta ancha, traxe a cadros, chaleco e pipa. Ese foi o aspecto que lle veu Samuel cando o víu achegarse á súa mesa. "Perdoe xoven, preciso o Catálogo Henrickssen de Porcelás do século XVII, sección M". Samuel quedou con cara de "perdoe pero eu só traballo aquí". O pobre rapaz explicóulle que el era un simple informático que tiña que catalogar os libros, non un bibliotecario do centro. Aínda así coincidíu que o libro que o vello mestre buscaba estaba ao lado de Samuel. Coincidíu.
Despois de parolar un chisco sobre o café da cafetería, voltou con Kat a comentar o tema da vaixela.
Helena non tivo problema en mercar o espello de man, que xa estaba reservado.
Pola súa banda, Nico foi camiño do Banco, a pagar a súa parte do piso. O banco chamóulle moito a atención. O home que se parecía tanto ao Sr. Bombín, pero máis delgado, recibíuno con ansia. "Benvido, don Nicolás. Xa pensaba que tería que ir buscalo". A verdade, despois de ver a reacción do sr. Bombín ante a raiadura do chan, temía calquer aceno de calquera que estuvera ao redor desta tolemia. Aínda así sorríu e seguíulle a corrente ao homiño, que cobrou o piso sen máis mentres falaban animadamente, con Nico chamándolle ao pobre banqueiro "sr. Bombín" e este negándoo constantemente.
Logo Nico víu algo estrano. Un papel de publicidade do banco. Na parede un enorme contador con tipos móbiles estabas sendo actualizado por un dos traballadores do banco... algún tipo de panel para valores bursátiles. Un dos valores era o Tempo. "Interésalle investir en Tempo, don Nicolás?". Nico non comprendía... en "Tempo"? "Si, meu xove amigo: Tempo. Dependendo do que invista neste valor obterá máis ou menos beneficios, beneficios que repercutirán, claro está, no seu Tempo. Nico non daba creto ao que escoitaba... investir en Tempo... era imposible que algo así funcionara. Aínda así non tiña os cartos para a inversión mínima, pero o pensamento dun mellor Tempo para el era moi tentador.
Ao xantar Nico pedíu a un compañeiro de Farmacia que lle trouxera unha serie de compoñentes para analizar o material do que estaban feitos os espellos. Antes da comida estivo ollando a vaixela. Unha das pezas, a que poñía Intra Éidolon era máis pesada e grosa que o resto, e ante a mirada atónita de Samuel e Helena, que estaban cociñando, Nico parteu a fonte en dous, para ver como do seu interior xurdía un pequeno estuche dun material escuro que, ao abrilo, amosou un espello portátil. Aquilo se complicaba.

jueves, 19 de julio de 2007
O Ollo da Tormenta (II)
Helena e Kat quedaran a iso da unha da tarde dese luns para ir pagar a fianza do piso. Nico non estaba no piso, nin deixara carto ningún para esta fianza, así que foron elas dúas soas e que o gorrón ese dera explicacións pola súa conta.
O lugar para o ingreso era o Banco de Compostela, baixo os soportais da Acibechería. A entrada era a típica: dobre porta cun caixeiro automático; dentro estaba o interesante. O lugar era coma un banco de finais do século XIX, todo en madeiras nobres, con mesas e sofás onde os banqueiros agardaban polos clientes. A caixa, ao fondo, era un cubículo tras duns barrotes en cobre, cun atarefado homiño facendo contas, coas mangas da camisa protexidas e unha viseira transparente de plástico verde para protexe-los ollos. Alí, nunha desas mesas, agardaba un home de grande parecido co Sr. Bombín, pero algo máis delgado. Atendéunas encantado da vida, aínda que se puxo moi serio cando as rapazas lle comentaron que non tiñan a parte de pago do piso correspondente a Nico. "Tranquilas" dixo, "Ocuparémonos con sumo gusto de facer que entre en razón...". As rapazas temían o peor.
Samuel tiña traballo, e moito. Pero aínda así, mentres noutro lugar as rapazas pagaban o piso, el usou unha base de datos de intranet da biblioteca de Historia para busca-los datos que non atopara no ciber onte. "Berenguela" resultaba ser unha marca de artesán de espellos, pertencente a un tal Juan Salvaterra, que estivera activo ao redor do 1615. O espello que tiñan na casa tiña a marca "Berenguela, Santiago de Compostela 1616". Xa era outro paso dado.
A mediodía estaban todos na casa comendo xuntos (Nico recén chegado do hospital coa man vendada). Comentaron o día, as cousas que viran e viviran, así coma os novos datos que tiñan. Aínda así Nico en ningún momento falou con eles de nada, nin das súas visións no espello nin do puñetazo que lle dera.
Despois do xantar Helena, Samuel e Nico decidiron dar unha volta por Compostela, tentando buscar nas casas de pedra algún símbolo ou algo que lles dera ideas; namentres Kat limpaba e restauraba o espello, pero sen xuntar os dous pedazos que lle faltaban.
Cecáis era só pasear por pasear. Aproveitar os derradeiros días con algo de sol en Santiago denantes entrar de súpeto nese inverno sen outono, ou nese outono eterno (dependendo do ano) que de certo estaba ad portas. Aínda así deron cunha tenda curiosa na rúa das Ameas. Nesa longa rúa que parece un corredor, que traza en liña recta unha paralela coas naves de comercio da Praza de Abastos, pero no exterior do recinto, e que une San Agostiño con San Fiz de Solovio, había unha tenda de antiguedades. Era un local antigo, con dúas anchas portas abertas con material na rúa. Dentro era ampla, con mil cousas para ver... colgadores, armarios, mesas, discosde vinilo, libros, roupa, cadros, gramófonos... de todo. O propietario, un home de pelo curto e claro, de ollos vivos e roupa de inverno saíulles ao paso. "Pódovos axudar?" dixo en ton amable. Os mozos cometaron que andaban algo perdidos, buscando información sobre espellos e unha marca de artesán chamada Berenguela. O propietario, chamado Miguel, dixo que miraría nos seus arquivos sen compromiso. Botando un ollo namentres atoparon de todo, dende discos en vinilo dos Beatles até espadas ropeiras enferruxadas, ou sables de cabalería do século XIX. Impresionante. Pero máis impresionante foi a sorte de Helena que, na procura de discos de Love and Rockets e Joy Division descatalogados deu en atopar cun curioso obxecto: un espello de man (deses redondos cun mango para suxeitar) estaba entre outros obxectos menores. O material do que estaba feito era escuro, case idéntico ao do espello que tiñan na casa. Estaba nun estado moi bo, e na parte de atrás, moi en pequeno, puña "Berenguela, Santiago de Compostela 1615".
O prezo que marcaba era de 15 mil pesetas, e non conseguiron que o vendedor reducise o prezo (e menos despois de contarlle que tiñan un do mesmo artesán na casa e que querían este para xa). Só poderían xuntar eses cartos mañán. Miguel, o anticuario, comprometéuse a reservalo para eles.
Nunha cafetería da zona vella, ao redor dunha mesa con música envolvente e xa máis tranquilos despois de tamaño encontro os tres discutiron sobre colocar os trozos ou non. Nico insistía en que era primordial, había que montar o espello e completalo. Había que saber qué ocorrería. Pero había que facelo dunha vez por todas. Ante a negativa de Samuel e Helena, Nico estoupou. Marchou dalí en dirección a un ciber, para tentar atopar datos e convencelos de que había que facer algo xa.
Rato despois, xa de noite e de novo no piso de Cinco Calles, volvéronse a xuntar os catro. Kat fixera unha boa tarefa limpando o espello e preparándoo para cando decidiran reparalo. Nico viña con información nova, sobre todo en torno ás cartas de Tarot que atoparan. Ao parecer había certa xente que pensaba que podía cambia-lo destino trucando as cartas, é dicir, cambiando o debuxo e o nome do Arcano correspondente. Coma o Tolo e o Aforcado que atoparan.
De novo discusión. Non había xeito de chegar a un acordo. O salón do piso voltaba a ser un área en guerra, con Nico insistindo e os demais negándose. Só calaron cando petaron na porta. O silencio era asulagador. Helena mirou polo ollo da porta e víu a un home de costas, con chapeu e abrigo longo: o home dos dentes de granito. "Boa noite" dixo, "Veño ante todo para pedir desculpas e un minuto da súa atención. Sei que están dentro, non vale de nada gardar silencio". "Que quere?" dixeron desde dentro, "Tan só falar con vostedes". Quedaron abaixo, no café Pepa a Loba, un lugar público onde de seguro non habería violencia.
O home de chapeu e o abrigo longo estaba sentado ao fondo, preto da lareira en desuso, bebendo auga. Un cheiro a cañería atascada íase facendo cada vez máis forte a medida que se achegaban a el. Sentaron. O home, nun ton monótono, pedíu desculpas sobre o seu comportamento. A excusa era unha enfermidade da que se estaba tratando, que lle facía perde-los nervios ás veces. A súa familia seica perdera parte do seu patrimonio despois dunha mala xestión económica e, agora que lograra facer reflotar o seu capital, estaba decidido a recuperar tódalas pezas que o seu pai perdera. As pezas que buscaba eran a louza e o espello que había no piso de Cinco Calles. Nada máis. Deixóulles un apartado de correos. A este poderían mandar, individualmente ou en grupo, como gustasen, a petición que quixeran a cambio deses obxectos. O que quixeran. E non se refería só a cartos. O que quixeran.
Sen máis, e deixándoos case sen capacidade de reaccionar, marchou. De novo no piso comezaron de novo as discusións, pero esta vez Kat non dicía nada, e Helena atopábase en terra de ninguén: xa non estaba tan certa do que facer... ese poder pedir o que quixera a facía pensar en mil cousas. Pero prefería completar o espello antes de entregalo. Cecáis a teima que dende a fin de semana asulagaba a Nico tería a súa consecución axiña.
Pero, coma no ollo da tormenta, hai veces en que todo xira ao teu redor, pero por algún extraño motivo non te decatas do que está a ocorrer.

O Ollo da Tormenta (I)
Hai veces en que todo xira ao teu redor, pero por algún extraño motivo non te decatas do que está a ocorrer.
Esa noite de domingo pasou sen incidentes, un sono reparador para tan axitada fin de semana. Pero o clásico lema de Garfield de "Odio os luns" fíxose patente. A mañán do luns é unha mañán estrana se es deses afortunados que non traballa na fin de semana. É coma volver a empezar cando o que queres é quedar quieto parado. Hai xente que gusta dos luns, pero hai outros que se adhiren ao que dicían The Cure e o seu Friday, I'm in Love.
Samuel, Helena e Kat arrincaron como máquinas coas pilas a media carga... un café e a carga foi completa. Almorzo, ducha, cháchara mañaneira. Kat, coa súa polaroid, sacou un par de fotos do espello. Foi entón cando Samuel víu algo estrano: o flash revelaba algo na superficie. Só para probar sacaron un par de fotos máis, e o que viron era unha silueta difusa, coma unha nena en túnica, borrosa e difícil de definir.
E Nico durmindo. Non se sabe moi ben como, pero arranxóuse para conseguir unha baixa polas mazaduras que tiña da pelexa do sábado co Home do Chapeu e o Abrigo Longo. Deste xeito tiña pensado quedar na casa e unir os dous pedazos ao espello e completalo. Pero Samuel negóuse a darlle o seu, e Kat e Helena(despois de que Nico se puxera bastante borde e case belixerante) tamén se negaron. Os argumentos de Nico, baseados en que despois da unión de tódolos pedazos algo extraordinario pasaría e el quería velo non foron suficientes para convencer ao resto, que prefería agardar e investigar máis todo o tema. Samuel, Kat e Helena saíron do piso en dirección a Historia e a Filosofía, Nico deu un portazo coa carraxe e se dirixíu cara o espello. "Non podo ter os pedazos? Pois hei ter os pedazos que eu queira!", e con todas as súas forzas lle pegou un puñetazo ao espello para partilo en anacos.
O golpe foi brutal, xusto no medio e medio da súa reflexión. Os cotelos impactaron de cheo, só para ver como o espello facía un movemento ondulante, coma un lago que recibe a unha pedra. Nico miraba abraiado, e mirou até que o movemento ondulante desapareceu e o espello volveu a ser liso. Só nese intre se decatou de que tiña a man destrozada. Seguramente algún óso roto ou ligamentos esnaquizados. Vendou a man e tomou calmantes, e concentrou os seus esforzos en levar o espello do salón á súa habitación.
Samuel e Kat entraron en Historia. Samuel dirixíuse ao último piso, onde os encargados dos arquivos e da biblioteca lle contaron cal sería o seu traballo: informatizar todo. Crear unha base de datos con todo o que había en Historia. Samuel calculou os anos que levaría tal fazaña, e non dixo nada. Logo lle contaron o tipo de base de datos que querían que fixera e, aínda que lle pareceu a típica páxina trapalleira kitsch de quen non ten nin idea de páxinas web, non dixo nada. Logo lle dixeron os datos que era preciso poñer nesa base de datos e, aínda que a maioría deles serían inútiles, non dixo nada. Xa tería tempo de dicir todo o que tiña que dicir, pero polo dagora centróuse niso: en non dicir nada en toda a mañán.
Helena introducíuse no laberinto que eran os despachos dos titores da pranta baixa de Historia. Chegou ao despacho de Ismael Sánchez, o que sería o seu director de tese. Ismael contábase entre os maiores eruditos en canto a sociedades secretas, cultos antigos, paganismo, sectas e cousas polo estilo. O estilo de cousas que fascinaban a Kat. A presentación foi curta... un despistado Ismael Sánchez, un home maior, duns sesenta e pico estaba enfrascado no seu enésimo libro, ordeando folios e repasando notas. Kat non precisou presentación, posto que Ismael era un vello amigo da súa avoa Asunción. "É-lo vivo retrato a túa avoa aos vintepoucos; non podes dicir que non sexas neta súa, e deseguro non só polo parecido" sorríu o vello, "Ben, quid pro quo que dicían os romanos; eu teño que entregar o libro en prazo e ti facer unha tese: eu che axudo e ti me axudas. Podes comezar ordeando estas notas". Esa foi a mañán de Kat.
A de Helena foi polo estilo. Filosofía, na praza de Mazarelos, era un fervedoiro de estudantes recén chegados. Algúns deles parecía que seguían no instituto, cousa que molestou moito a Helena. A mañán discorreu paseniño, coa paciencia da rapaza ante as miradas dos que nunca viran a unha rapaza vestindo de negro, coma sacada dun vídeo punky ou goth. Era insoportable. "Niñatos", pensou.
Nico non conseguíu mover o espello. Empurrando por el en dirección á habitación acabou raiando o chan do salón. "Vaites", pensou, "... bah, xa o amañarei despois". Pero nese intre alguén petou na porta do piso. Non na da rúa, se non directamente na do piso. "Serán os descoñecidos veciños do primeiro? Que lles den, vou quedar calado e xa marcharán". Pero non, a porta abríuse e por ela entrou un home baixo, gordecho, de traxe clásico, abrigo, faciana redonda perfilada por unha liña de barba que remataba ao redor dunha boca pequena e un nariz que non paraba de uliscar: o Sr. Bombín. "Que se supón que fai, señor Bahamonde? Está a raiar o chan!". Nico quedou parvo, "Pe-pe-pero como entrou aquí? Quen lle deu chaves? Non pode estar aquí!", dixo tatexando. "Claro que podo" dixo ensinando o contrato do piso, onde unha cláusula que Nico non lembraba puña que o Sr. Bombín tiña permiso para visitar o piso e inspeccionalo en busca de desperfectos. Nico tentou botalo da casa, pero o Sr. Bombín comezou a bater nel co seu paraugas. "Basta!" berrou Nico, "Non pode bater en min así!". Pero unha nova cláusula no contrato do pisoestipulaba que si, que o Sr. Bombín tiña permiso expreso e co visto e prace de Nicolás Bahamonde (el) para poder baterlle co paraugas e tirarlle das orellas. Nico non entendía nada. Prometeu mil veces que non raiaría máis o chan e que non lle faría mal ao piso. O Sr. Bombín marchou malhumorado.
A dor da man de Nico era insoportable, e máis despois de tentar deter os golpes do Sr. Bombín. Os calmantes facían demasiado ben o seu efecto... adoita pasar cando tomas de máis. A mediodía decidíu que o mellor era chamar a Urxencias e esquecer esa mañán.

sábado, 14 de julio de 2007
Reflexións (II)
Helena e Samuel foron a axudar a Nico, atravesando a nube de incenso, mentres unha nerviosa Kat preparaba un café e infusións na cociña. Cando tentaron erguelo Nico púxose como unha furia. Comezou a lanza-los brazos en convulsións para se liberar dos intentos de Samuel e Helena por erguelo e tranquilizalo. Foi entón cando Nico se volveu a ver no espelloe víu a súa reflexión: el era o dragón, e o resto simples mortais... menos que vermes. Ás membranosas nas costas, dentes cairos e gadoupas, pel coriáceo. Samuel déulle un bofetón para tentar espabilalo.
Foi entón cando Nico reaccionou.
O golpe que lle propinou a Samuel no peito foi tremendo. Samuel practicou artes marciais durante a nenez e a adolescencia. Sabía o que era levar un bo golpe. Pero o puñetazo que lle mandou Nico non era impresionante pola dor que lle procurou, ou pola forza aplicada: o foi porque mandou a Samuel case polo ar dende a sala até a porta de entrada, uns 6 metros... tivo que se agarrar coas mans nos marcos da porta para frear o tremendo empurrón. Helena apartóuse e tentou ir á cociña a coller algo para se defender de Nico, que tiña unha mirada aterradora e un aceno de superioridade total.
Samuel tanteóuno ao ver que se dirixía á fiestra dun dos cuartos, polo visto disposto a saltar e emprender o vo. Nico xiróuse ao ver a Samuel, "o verme que me abofeteou", e comezou a camiñar cara el paseniño, saído de novo da habitación, saboreando o momento previo ao ataque. Voaron dúas cousas polo ar: unha tixola lanzada por Helena, que se estrellou contra a habitación, e unha cafeteira italiana Bialetti de mediados de século que se estrellou contra a cabeza de Nico, dando con el no chan. Samuel respirou aliviado.
Metendo a Nico nun baño quente conseguiron que se relaxara e que se explicara un pouco, pero pouco sacaron desa explicación. Tentaron entre todos calmar un pouco as cousas, cearon e logo foron casa un á súa habitación, agás Samuel que se deitou no sofá, ante o espello.

jueves, 12 de julio de 2007
Reflexións (I)
Entre os esforzos de Kat e Helena e a enorme rede de contactos no ciberespacio de Samuel os tres compañeiros foron quen de atopar información diversa. O pobo ese de San Cresconio non era tal, pero Cresconio era o nome do bispo que mandara construir a muralla de Compostela no século XI. Tamén atoparon información sobre os Tarot e algo sobre mitoloxía, pero nada concluínte. Foi Thund3r, o contacto principal de Samuel, o seu mentor na rede, aquel que lle ensinou a maioría dos trucos sobre internet e do cal non sabía nin o seu aspecto, o que se resolveu coma un individuo máis que curioso. Chateando, Samuel explicóulle superficialmente o que viña de pasar. Pero Thund3r tiña datos precisos sobre o trozo de espello de Samuel, cousas que só podería saber se estivera con el alí mesmo no ciber, cousas que só coñecería por teren estado no momento en que o home do chapeu e o abrigo longo irrumpíu no seu piso e a loita posterior. Cousas que era imposible que coñecese.
Namentres Nico quedou no piso. Só e con todo o piso para el decidíuse. O faría, qué demo, e que os demais pensaran o que lle dera da gana. Preparou, misturando certos alucinóxenos que tiña, unha droga potente. Logo servíu algo de alcol para baixala mellor e se espíu. Ante o espello e arrodeado de varas de incenso de opio bebeu con ritual aquel beberaxe.
Comezaron as reflexións. Xa as súas na súa mente ou as súas ante o espello. Pero comezaron.
O seu corpo comezou a mudar. Escamas de cor verdoso, pracas coriáceas xurdindo das súas extremidades... a dor o asulagou durante un intre, e tivo que se apertar a si mesmo... tiña a punto de estourar as costas e, nese intre coma nunha eclosión xurdiron dúas ás membranosas... sentía o poder, a calor no seu interior... ese aspecto rememoróulle grandes feitos do pasado, dunha vida anterior a esta... vida? Podía chamar vida ao que tiña sabedor do seu pasado?
Nese intre de satori, de trascendencia, foi demasiado para el, e caeu ao chan inconsciente.
Helena, Kat e Samuel chegaron ao piso despois dunha búsqueda de datos pola rede irregular. Aprenderan cousas, pero moitas repostas a algunhas preguntas non deran senón novas preguntas a respostas ás que cada vez era máis complexo acceder. Non era a mellor maneira de rematar un domingo. Pero pode empeorar, e o fixo cando abriron a porta do piso e atoparon a Nico espido tirado fronte ao espello.

O Home do Chapeu e do Abrigo Longo (III)
Aquilo todo foi demasiado. Samuel erguéuse, mancado pola pelexa, e buscou o cristal do espello. Estaba no medio das revistas, onde o agochara. A inconsciencia puido con el e a necesidade de durmir e descansar o deixaron tumbado no chan do pasillo do piso da súa avoa.
Kat foi a 5 Calles despois de comprobar que Isis se atopaba ben. Tiña que contrastar todo aquilo cos seus compañeiros. Comeu, iso si, na casa do seu tío, coa única intención de falar coa súa avoa. Descubríu desa muller encantadoramente senil que o ser dos dentes de pedra era o dono dos naipes de Tarot, e que a súa avoa e a de Samuel eran coñecidas.
Helena e Nico espertaron pola mañán. As rapazas quedaran con Samuel no seu piso. Tras dun breve almorzo puxeron dirección cara aló os tres: Nico, Helena e Kat. Atopárono ferido no chan, e despois dunha breve explicación do ocorrido, Samuel contóulles que el tamén atopara un pedazo de espello nas cinzas na súa avoa.
Todo comezaba a encaixar. O piso de Samuel non era seguro, e o de 5 Calles íalle por aí. Decidiron deixar que Samuel durmira un par de días con eles (despois de todo a porta do piso de Samuel estaba con desperfectos e a galería estaba case arrincada despois do salto do anxo do home do chapeu e o gabán longo.
Cearon en 5 Calles. Discutiron, debatiron, falaron e argumentaron. Nico insistía en que había que xuntar os trozos de espello e pegalos no espello grande. Kat, restauradora de arte, sabía que esa era unha tarefa dura e non para facela de noite e cansa. Restaurar arte era un arte en si mesmo, non bricolaxe con cousas vellas.
Despois de falalo decidiron ir a un "ciber" a investigar diferentes ideas que xermolaban nas súas mentes: o pobo de San Cresconio, a Venus, seres de pétreos dentes, Tarots e, como non, mitoloxía Compostelán.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)