jueves, 12 de julio de 2007

O Home do Chapeu e do Abrigo Longo (III)

Aquilo todo foi demasiado. Samuel erguéuse, mancado pola pelexa, e buscou o cristal do espello. Estaba no medio das revistas, onde o agochara. A inconsciencia puido con el e a necesidade de durmir e descansar o deixaron tumbado no chan do pasillo do piso da súa avoa.

Kat foi a 5 Calles despois de comprobar que Isis se atopaba ben. Tiña que contrastar todo aquilo cos seus compañeiros. Comeu, iso si, na casa do seu tío, coa única intención de falar coa súa avoa. Descubríu desa muller encantadoramente senil que o ser dos dentes de pedra era o dono dos naipes de Tarot, e que a súa avoa e a de Samuel eran coñecidas.

Helena e Nico espertaron pola mañán. As rapazas quedaran con Samuel no seu piso. Tras dun breve almorzo puxeron dirección cara aló os tres: Nico, Helena e Kat. Atopárono ferido no chan, e despois dunha breve explicación do ocorrido, Samuel contóulles que el tamén atopara un pedazo de espello nas cinzas na súa avoa.

Todo comezaba a encaixar. O piso de Samuel non era seguro, e o de 5 Calles íalle por aí. Decidiron deixar que Samuel durmira un par de días con eles (despois de todo a porta do piso de Samuel estaba con desperfectos e a galería estaba case arrincada despois do salto do anxo do home do chapeu e o gabán longo.

Cearon en 5 Calles. Discutiron, debatiron, falaron e argumentaron. Nico insistía en que había que xuntar os trozos de espello e pegalos no espello grande. Kat, restauradora de arte, sabía que esa era unha tarefa dura e non para facela de noite e cansa. Restaurar arte era un arte en si mesmo, non bricolaxe con cousas vellas.

Despois de falalo decidiron ir a un "ciber" a investigar diferentes ideas que xermolaban nas súas mentes: o pobo de San Cresconio, a Venus, seres de pétreos dentes, Tarots e, como non, mitoloxía Compostelán.

No hay comentarios: