sábado, 14 de julio de 2007

Reflexións (II)

Helena e Samuel foron a axudar a Nico, atravesando a nube de incenso, mentres unha nerviosa Kat preparaba un café e infusións na cociña. Cando tentaron erguelo Nico púxose como unha furia. Comezou a lanza-los brazos en convulsións para se liberar dos intentos de Samuel e Helena por erguelo e tranquilizalo. Foi entón cando Nico se volveu a ver no espelloe víu a súa reflexión: el era o dragón, e o resto simples mortais... menos que vermes. Ás membranosas nas costas, dentes cairos e gadoupas, pel coriáceo. Samuel déulle un bofetón para tentar espabilalo.

Foi entón cando Nico reaccionou.

O golpe que lle propinou a Samuel no peito foi tremendo. Samuel practicou artes marciais durante a nenez e a adolescencia. Sabía o que era levar un bo golpe. Pero o puñetazo que lle mandou Nico non era impresionante pola dor que lle procurou, ou pola forza aplicada: o foi porque mandou a Samuel case polo ar dende a sala até a porta de entrada, uns 6 metros... tivo que se agarrar coas mans nos marcos da porta para frear o tremendo empurrón. Helena apartóuse e tentou ir á cociña a coller algo para se defender de Nico, que tiña unha mirada aterradora e un aceno de superioridade total.

Samuel tanteóuno ao ver que se dirixía á fiestra dun dos cuartos, polo visto disposto a saltar e emprender o vo. Nico xiróuse ao ver a Samuel, "o verme que me abofeteou", e comezou a camiñar cara el paseniño, saído de novo da habitación, saboreando o momento previo ao ataque. Voaron dúas cousas polo ar: unha tixola lanzada por Helena, que se estrellou contra a habitación, e unha cafeteira italiana Bialetti de mediados de século que se estrellou contra a cabeza de Nico, dando con el no chan. Samuel respirou aliviado.

Metendo a Nico nun baño quente conseguiron que se relaxara e que se explicara un pouco, pero pouco sacaron desa explicación. Tentaron entre todos calmar un pouco as cousas, cearon e logo foron casa un á súa habitación, agás Samuel que se deitou no sofá, ante o espello.

No hay comentarios: