jueves, 12 de julio de 2007

Reflexións (I)

Entre os esforzos de Kat e Helena e a enorme rede de contactos no ciberespacio de Samuel os tres compañeiros foron quen de atopar información diversa. O pobo ese de San Cresconio non era tal, pero Cresconio era o nome do bispo que mandara construir a muralla de Compostela no século XI. Tamén atoparon información sobre os Tarot e algo sobre mitoloxía, pero nada concluínte. Foi Thund3r, o contacto principal de Samuel, o seu mentor na rede, aquel que lle ensinou a maioría dos trucos sobre internet e do cal non sabía nin o seu aspecto, o que se resolveu coma un individuo máis que curioso. Chateando, Samuel explicóulle superficialmente o que viña de pasar. Pero Thund3r tiña datos precisos sobre o trozo de espello de Samuel, cousas que só podería saber se estivera con el alí mesmo no ciber, cousas que só coñecería por teren estado no momento en que o home do chapeu e o abrigo longo irrumpíu no seu piso e a loita posterior. Cousas que era imposible que coñecese.

Namentres Nico quedou no piso. Só e con todo o piso para el decidíuse. O faría, qué demo, e que os demais pensaran o que lle dera da gana. Preparou, misturando certos alucinóxenos que tiña, unha droga potente. Logo servíu algo de alcol para baixala mellor e se espíu. Ante o espello e arrodeado de varas de incenso de opio bebeu con ritual aquel beberaxe.

Comezaron as reflexións. Xa as súas na súa mente ou as súas ante o espello. Pero comezaron.

O seu corpo comezou a mudar. Escamas de cor verdoso, pracas coriáceas xurdindo das súas extremidades... a dor o asulagou durante un intre, e tivo que se apertar a si mesmo... tiña a punto de estourar as costas e, nese intre coma nunha eclosión xurdiron dúas ás membranosas... sentía o poder, a calor no seu interior... ese aspecto rememoróulle grandes feitos do pasado, dunha vida anterior a esta... vida? Podía chamar vida ao que tiña sabedor do seu pasado?
Nese intre de satori, de trascendencia, foi demasiado para el, e caeu ao chan inconsciente.

Helena, Kat e Samuel chegaron ao piso despois dunha búsqueda de datos pola rede irregular. Aprenderan cousas, pero moitas repostas a algunhas preguntas non deran senón novas preguntas a respostas ás que cada vez era máis complexo acceder. Non era a mellor maneira de rematar un domingo. Pero pode empeorar, e o fixo cando abriron a porta do piso e atoparon a Nico espido tirado fronte ao espello.

No hay comentarios: