sábado, 2 de junio de 2007

Entorno

Compostela sempre me pareceu un lugar moi máxico. Levo toda a vida eiquí e trinta anos despois aínda me levo sorpresas erguendo a vista e atopando un escudo nobiliario que onte non estaba aí, ou unha gárgola, ou unha cruz potenzada nunha porta que non leva a ningures.

Por isto, e tras moito ler na obra de Lovecraft (sobor de todo os contos máis oníricos) e na de Neil Gaiman (hai pouco que me caeu nas mans Neverwhere), decidinme a comezar unha Crónica nun entorno totalmente inventado, nunha Compostela máxica onde calquera pode ser outra persoa.

Vendo que é un sistema perfecto para algo así, elexín o sistema White Wolf (o de Vampiro: La Mascarada). Usando as reglas para a creación de Mortales atopei que o meu grupo de xogadores aportou as seguintes personaxes:

1) Nicolás, un neno ben que acaba de rematar Farmacia e que acadou unha beca en Compostela. Gústalle xogar coa química, sobre todo para facer psicotrópicos variados que adoita usar e/ou vender.
2) Helena, unha moza que acaba de chegar a Santiago. Quere estudar Filosofía, e Nietzsche podería estar entre os seus colegas. Unha rapaza hosca, calada e amante da música industrial.
3) Kat, unha rapaza nacida en Nova Iorke de nai galega, que se decide a vir a Santiago de novo e estudar Arte. A súa condición de muller moi fermosa a converte en un tanto resabida, contestona e "de volta de todo". E cecáis o esté.
4) Samuel, un rapaz calado e pechado en si mesmo e na súa principal afección: os ordenadores. Non lle gustan as diferencias, e tenta amañar as que ve no mundo hackeándoo.

Todos teñen algo que os fai únicos (coma todos nós)... pero a súa principal característica é que se van a converter en xente ordinaria á que lle ocorre un feito extraordinario que ha troca-las súas vidas para sempre.

No hay comentarios: