sábado, 29 de septiembre de 2007

Metanautas I

Samuel deixou caer o trozo de espello que esgrimira contra Nico ao chan, e rápidamente sacou o cinto para facer un torniquete no brazo ferido. Kat non podía reaccionar, vendo as rascaduras do chan curándose co sangue de Nico. Helena correu a polo botiquín, e trouxo gasas e auga osixenada da cociña. Nico estaba inconsciente, e o seu brazo estaba cuberto de sangue.
Cando Helena voltou para limpar a ferida, Samuel afrouxóu o torniquete. Ao pasar as gasas pola zona do corte e limpar a cotra que se estaba a formar, os tres viron como a ferida estaba pechada baixo o sangue... dalgún xeito Nico curara a ferida.
"Eu xa sabía que isto podía acontecer", dixo Samuel. "Cando me cortei co trozo de espello na casa da miña avoa curei moi axiña, e antes cando se cortou Kat a súa ferida tamén pechou con moita rapidez... o espello debe ter algo, algo que impide que nos fira".
Helena estaba abraiada... correu ao teléfono para pedir unha ambulancia. Non había liña. Samuel tampouco tiña no seu móbil. Helena foi cara a porta, pero estaba atrancada e lle foi imposible abrila, así como aos demais. Dalgún xeito estaban pechados e incomunicados. Miraban á rúa do Preguntoiro pero non había ninguén. Era de noite, pero noite de xoves... era imposible que ninguén a cruzara a esas horas! Só a lúa chea os miraba dende o seu reino.

Foi entón cando Kat se decatou: o espello de Samuel, no chan, estaba perfectamente reparado: a goma que tiña detrás estaba completa, cando antes estaba suxo e desgastado. A moza correu cara o seu cuarto e colleu o outro trozo de espello e o frotou contra o sangue do chan: ante os seus ollos o espello se restauraba e estaba listo para ser colocado no seu lugar.

Colocaron a Nico na súa habitación, e logo tentaron limpar o sangue do chan. Samuel quixo facer unha proba: colleu un pouco de sangue coa punta do dedo furabolos e logo tocou o espello grande do salón... A medida que o dedo percorría a superficie do espello esta adquiría unha textura semilíquida, deixando un ronselao seu paso... o tacto era coma o de tocar seda ou terciopelo. Kat e Helena miraban abraiadas mentres Samuel mollaba de novo o dedo e repetía a operación, só para saltar co susto cando o rapaz deu un berro e un salto cara atrás, pálido como unha vela. "Que foi?" preguntou Helena. "Non o vichedes!?" dixo Samuel, "Era unha man amarela, coma dun monstro, que me tentou agarrar!". Pero as rapazas non viran nada...

Resolveron que, sendo imposible saír do piso, o mellor sería durmir todos xuntos no salón. Prepararon uns colchóns e tumbaron o mellor posible a Nico no amplo sofá. Mortos de medo, levaron o Espello á habitación onde durmira Isis, para non telo perto deles na noite.

Samuel, Helena e Kat compartiron uns bocatas quentes e unhas tilas, e falaron de todo menos do que ocorrera... Samuel das súas viaxes e a súa teima coa informática, Kat de Arte e restauración, Helena dos seus soños musicais. Cando te expós á tensión que o medo provoca, no momento podes xurar que nunca máis has pecha-los ollos, e moito menos durmir... Pero logo, cando volta a calma, o sono cae sobre un coma unha manta quente nun día frío, e te deixas levar cara as profundidades do teu pensamento, cara esa zona na que todo é posible.

Samuel tiña o seu soño recurrente: Bill Gates e Linus Torvalds o tiñan traballando a todo tren. Realmente el era o creador de Windows e de Linux, pero ninguén o sabía, posto que eses dous vixiantes o tiñan pechado nunha sala de computación enorme e estaban con el, presionándoo día e noite. Samuel estaba tranquilo: xa tivera moitas veces ese soño... era como estar na casa. Pero de súpeto aconteceu algo: había un home pé do medio da sala, nunha zona pouco iluminada. Samuel erguéuse, recibindo a bronca de Bill Gates, pero aínda así seguíu o seu camiño cara a estrana figura. Cando chegou a uns 4 metros, a figura (un individuo bastante alto, cuberto por unha capa e unha capucha) lle dixo, con voz grave, que se detivera. Samuel quedou quieto.
"Xa estou farto deste soño, señor Samuel... Estou farto porque me cadra de camiño a outras partes e sempre me atopo con el. Xa non o aturo máis"... a súa voz era ameazante... "Xa me ten cansado ter que atravesalo noite si noite tamén".
Samuel non sabía qué dicir... "Pois síntollo, pero igual o que sobra é vostede que, por certo, quen é?". O individuo botou a carapucha cara atrás, revelando unha cabeza de gato! Era un taby gris e negro, pero humano!
"É vostede un maleducado e un paspán!" dixo o home-gato, e logo estampóulle na faciana a Samuel un pano que cheiraba tan ben a unha mestura de almizcles e especias que o rapaz case desexaba que llo volvera a estampar. De súpeto apareceron ás costas do incrible ser outros 6 ou 7 coma el. O home-gato montou a capa sobre o seu ombreiro e amosou unha espada ropeira con unha fermosa guarnición de lazo.
"Isto é un duelo?" preguntou Samuel. "Pois entón como retado elixo arma: pistola de protóns!" dixo rindo para si... "se isto é un soño, pois que o sexa ao meu xeito", pensaba.
O gato quedou estupefacto un intre. Logo xirou a cabeza cara atrás para falar cun dos outros gatos, este un home-gato baixo de cor laranxa con lentes montados sobre o fuciño. Algo falaron.
"Ben" dixo o home-gato da espada, "Aquí o Licenciado di que o chumbo dunha bala da miña pistola ten protóns... ergo, podo usala".
Bill Gates entrou berrando e queixándose, obrigando a Samuel a volver ao traballo e aos homes-gato a liscar. Recibíu 8 balas de chumbo cheas de protóns en diferentes partes do corpo. Recargaron e fitaron a Samuel, que estaba feliz de ver a Gates no chan. "Pódolles pedir outro favor, xa que me libraron deste escravizador?" Os gatos vendo algo de negocio aceptaron, pero a Samuel non se lle ocorreu qué pedirlles nese intre de liberación. "Dá igual" dixo o xefe, "xa falaremos cando nos vexamos no Porto" e apuntou a Samuel na fronte. "Algún último desexo?" dixo. "Si, que non dispares" respostou Samuel. A ignición da pólvora sonou coma un lóstrego e Samuel despertou de súpeto.

Ante dese intre, Helena tamén tiña o seu soño favorito: o seu grupo de música actuaba de teloneiros dos Nine Inch Nails nun concerto ante un millón de espectadores e estaban a arrasar. Ao rematar, Trent Reznor se lle achegaba angustiado, pois o seu guitarrista acababa de caer enfermo e necesitaba substituto. Así que Helena se ofrecía e facían o concerto do milenio. Despois, na macrofesta do backstage, Helena pasaba o rato falando con Bono, Frank Sinatra e Oscar Wilde arrodeados tamén por todos os membros de grupos e escritores que lle gustan. Era un soño perfecto. De súpeto, entre Ian Curtis e Jim Morrison, Helena víu un bombín. Era dalguén moi baixiño, e costoulle seguilo entre a multitude. Cando se prantou diante do seu propietario, Helena víu que baixo bombín había un homiño de metro e medio moi gordo, que vestía un anticuado traxe de finais do XIX. Cando sacou o bombín a moza víu que se trataba dun rato. Dúas enormes orellas e un afiado fuciño non daban a dúbida: era un home-rato, e non un calqueira, pois era o Señor Bombín.
Helena comezou a dar un parte completo das queixas dese día e dos anteriores, e deixou ben claro que ía deixar o piso en canto puidera, para non volver. O Señor Bombín choromicoulle e puxo cara de vítima mentres daba respostas, desculpas e promesas de reparar todo o mal, que o temible señor de dentes de pedra oa que chamaban Gárgola xamais volvería a asustalos. Helena non mudou o seu xesto de poucos amigos, esa mirada de xeo na da faciana de porcelá que tiña por debaixo da súa curta e escalonada melena negra. Para arranxa-las cousas, o Señor Bombín dixo déulle unha chave, unha chave antiga envolta nun pergameo. Aquela chave era a resposta para as preguntas que non sabía formular. E, cunha ledicia que non soubo explicar, espertou.

Samuel e Helena estaban tumbados no colchón no medio do salón do piso de Cinco Calles. Samuel suaba e estaba morto do susto. Helena preguntoulle o que pasara, pero o rapaz non sabía qué contestar... "Soñei con gatos" dixo, "gatos que eran xente, e falaban... e un deles pegoume un tiro cunha pistola antiga... é de tolos". "Tan de tolos non é" dixo Helena, "Eu estaba soñando con ratos que falaban tamén... coido que era o señor Bombín". Incorporándose un pouco escoitou a Nico roncar, pero Kat non estaba. Os dous se ergueron.
O curruncho onde Kat durmira estaba baleiro, e a porta da habitación onde durmira Isis, onde gardaran o Espello, estaba aberta. Rápidamente os dous se achegaron aló, para ver que na habitación non había ninguén. Helena mirou na casa, e víu que alguén colocara unha bombona de butano na porta da rúa para atrancala: era imposible que ninguén saise, pois só estaban eles e Nico non daba mostras de terse levantado para colocala despois de que marchara Kat. Samuel botou un ollo na habitación. No chan, ante o Espello, había algodóns, pinzas, tubos do que parecía algún tipo de pegamento especial... material de restauración! Abraiado, víu que o Espello estaba completo: Kat o reparara e agora non estaba! Podería ser que o Espello a tragase? Que se metera no interior do Espello e desaparecese? Que aquela man amarela lle fixese algo? Imposible!
Rebuscando un pouco máis atoparon unha nota de Kat que daba unha dirección en Axeitos (a casa da súa avoa) e unha mensaxe: "Buscádeme alí".
"Axeitos? E como imos chegar alí? E para qué, se non podemos entrar na casa?" dixo Samuel. Foi entón cando Helena ergueu a cabeza e abríu os ollos de par en par, metou a man no peto do quente forro polar que usaba de parte de arriba para durmir, e sacou un pergameo que contiña unha estrana chave no seu interior... xusto coma no seu soño!

miércoles, 12 de septiembre de 2007

Pequena Pausa

Hai tempo que a crónica ten un lixeiro parón debido a que as vacacións de uns non coinciden coas dos outros, polo que se está a dar un amplo espazo de tempo no que non podemos quedar todos para xogar.

Contamos que a finais de setembro poderemos retomala, e nos encargaremos de darvos conta dela.
Saúdos dende o lado Oculto.